Os zombis apodéranse do Instituto Sánchez Cantón

PONTEVEDRA> Os zombis chegaron esta mañá ao Sánchez Cantón. O instituto pontevedrés mostrou o seu lado máis escuro grazas aos alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Ensino e Animación Socio Deportiva. Estes estudantes instalaron no centro un túnel do terror que só se atreveron a percorrer os máis valentes.

Así comeza o túnel do medo. Os zombies apoderáronse esta mañá do instituto Sánchez Cantón para atemorizar a todos os alumnos. Unha experiencia só apta para os máis valentes e que cobrou vida grazas aos estudantes do Ciclo Superior de Animación Socio-Deportiva.

Unha vez ambientado o espazo, os 31 alumnos deste Ciclo Superior caracterizáronse dos personaxes máis terroríficos e dirixíronse as súas vítimas. Os estudantes de primeiro e segundo da ESO.

Como se dunha película de terror se tratase, este túnel converteuse nun verdadeiro pasaxe de suspense, intriga e misterio. E senón que llo digan a eles.

Unha xornada lectiva que, de seguro, eles non esquecerán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí