Os veciños xa teñen liña directa co concello

POIO> Os veciños de Poio poderán comunicarse co concello a través dunha aplicación no seu teléfono móbil. Segundo explicaron esta mañá, a ferramenta permitirá unha relación máis directa e maior axilidade na resposta. O servizo empezará a funcionar a partires de mañá, descargando a aplicación Línea Verde no seu dispositivo.

 

A partires de mañá, cando un veciño de Poio detecte algunha incidencia na vía pública, poderá comunicarlla directamente ao concello. Simplemente terá que instalar no seu teléfono móbil unha nova aplicación: Línea Verde.

Unha vez escollida a tipoloxía da incidencia, a aplicación detecta de xeito automático as coordenadas nas que se atopa, e o veciño pode incluso incluír unha foto cunha breve descrición. Unha vez enviada, o responsable recibirá a notificación e comezará os trámites para solucionala.

As incidencias tamén se poden comunicar a través da web www.lineaverdepoio.com. O servizo naceu hai 5 anos e xa está presente en 300 concellos de toda España, con máis de dez en Galicia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/medio_ambiente_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/20/medio_ambiente_poio.mp4{/flowplayer}