Pontevedra está de festa!!!

Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual. Así daban comezo as festas da Peregrina deste 2017, na mañá do sábado a empresaria Conchi Pereiro saía aos balcóns do Pazo de Mugartegui para dar o pistoletazo de saída a esta semana grande. No seu discurso, a pregoeira, lembrou que non é pontevedresa de nacemento pero sí de corazón, unha cidade onde formou a súa familia. Tamén contou co seu momento reivindicativo onde a educacións, a sanidade e o dereito a unha vivenda digna estiveron presentes, e como non tamén, o papel da muller na sociedade actual. Falou Conchi Pereiro do modelo de cidade de Pontevedra, un modelo que defende e do que se sinte orgullosa. E como non para rematar convidou a toda a cidadanía a desfrutar das Festas da Peregrina que están repletas de actividades . Xa o saben, ata o 21 de agosto teñen moitas actividades e eventos dos que desfrutar nesta Boa Vila.