Boiro Novo lembrará a Antonio Seoane no Día da Galiza Mártir

    BOIRO> Boiro Novo homenaxeará a Antonio Seoane co gallo do Día da Galiza Mártir. Será o venres día 18 nun acto que contará coa participación de destacados persoeiros da política e da cultura galegas. O venres ás oito da tarde dará comezo na praza do centro social de Boiro o acto de homenaxe a Antonio Seoane, boirense fusilado polo réxime franquista en 1948. O acto contará coa inter vención dos deputados Eva Solla e Antón Sánchez, o ex predidente da RAG Xesús Alonso Montero e Manolo Peña Rey, presidente de honra do Partido Comunista de Galicia. Dende Boiro Novo decidiron organizar este acto ante a falla dunha convocatoria oficial por parte do concello ó que instan a conmemorar o Día da Galiza Mártir.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí