O executivo rianxeiro renovoulle a COGAMI o servizo de limpeza viaria

    RIANXO> O concurso, cuxa adxudicación se achegou ós 50 mil euros, estaba destinado a centros especiais de emprego que traballan con persoas con difícil inserción laboral. En total crearanse catro novos postos de traballo. O bo servizo realizado por COGAMI ó longo deste último ano foi unha das principais razóns que levou ó executivo rianxeiro a volver a confiarlle o servizo de limpeza viaria no municipio a esta empresa. O importe de adxudicación rondou os preto de 50 mil euros. O concurso estivo reservado a empresas e centros especiais de emprego, creándose catro novos postos de traballo. O rexedor rianxeiro criticou a escasa marxe de actuación que teñen os concellos de cara a contratación, de aí que non puideran levar a cabo a explotación directa do servizo e tiveran que acudir a unha empresa externa. Hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia publicaba tamén a rebaixa do 10% no canon que Sogama cobra ós concellos adheridos tal e como acordou o Consello de Administración desta entidade o pasado mes de outubro e que se aplicará dende o 1 de xaneiro. Deste xeito, o canon que Sogama repercute ós concellos pasará dos 74,64 euros actuais por tonelada de lixo ós 67,18.