BOIRO> Sen novas sobre o paradoiro de Francisco José Martínez Pego, o veciño de Boiro desaparecido o pasado sábado. Un grupo de voluntarios, convocados pola familia, realizou este mércores unha batida polos montes de Escarabote próximo á súa vivenda. Cinco días despois da súa desaparición, a familia de José Francisco Martíñez Pego segue sen novas. Non contan con ningún indicio fiable do que lle puido ter acontecido dende que o sábado saíra dende a súa casa en Escarabote. Aínda que se trata dunha marcha voluntaria, posto que deixou unha nota de despedida, o seu entorno lembra que tan só levaba quince euros polo que cren que non puido ter chegado moi lonxe. Nesta batida, que se prolongou durante toda a mañá, peinaron a zona de monte ata a Mercé, tanto a pé como en coche, apoiados por voluntarios de Protección Civil. O rastrexo concluíu sen éxito polo que tódalas esperanzas están postas agora na investigación que está a desenvolver a Garda Civil, polo momento, sen resultados que permitan esclarecer o caso.
Inicio BARBANZA