Miles de persoas asisten á LIII Festa do Viño do Condado

    festa_condadocopy.jpgSALVATERRA> Os que se achegaron ata alí puideron degustalos caldos das 22 adegas participantes xunto a cantidade de produtos da nosa terra.

    {flowplayer}images/salnes/VINO_SALVATERRA_2012.flv{/flowplayer}

    Entre o 24 e o 26 de agosto o Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra do Miño, converteuse unha vez máis no escenario escollido para a celebración da cincuenta e tres edición da Festa do Viño do Condado do Tea.

    O domingo, día grande da celebración, arrancou co Nomeamento dos Novos Confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e a declaración dos ‘Viños Deliciosos’ do ano.

    A media mañá o escritor Domingo Villar deu lectura ó pregón para dar paso, de seguido, á apertura dos stands das 22 adegas que este ano participaron na festa. Unha boa oportunidade, recoñeceron, para dar a coñecelos seus viños acompañados de produtos da terra.

    Alí tamén atopamos ó Presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, quen manifestou, unha máis, o seu apoio a tódalas festas vinculadas ó sector vitícola e a esta, en concreto, do Condado.

    Pola súa banda, as miles de persoas que se achegaron onte ata Salvaterra coincidiron en destacalo bo ambiente que se palpou na festa onde, ademais, puideron catar bos viños de calidade.

    A festa estivo complementada coa actuación de varios grupos folclóricos.

    Redacción Salnés