A Deputación xestinará a integración da rúa Rosalía de Castro

Pontevedra> O vicepresidente da Deputación Provincial ofreceu esta mañá un almorzo informativo. Mosquera anunciou que será a administración provincial a encargada de xestionar a integración da Rúa Rosalía de Castro na cidade de Pontevedra. César Mosquera ofreceu esta mañá un almorzo informativo no que falou de numeroso asuntos, entre eles, do papel da deputación, unha administración importante pero que considera un erro reforzar. A nova máis destacada da xornada foi o anuncio de que será a Deputación de Pontevedra a encargada de levar a xestión da integración da rúa Rosalía de Castro no entramado da cidade. En relación sobre a Plataforma o Rural Existe Mosquera lembrou que de 200 puntos onde realizaron actuacións soamente houbo queixas en 2-3 parrquias, con este dato sobre a mesa cree que non hai moito máis que dicir e que trata dun movemento polítco, encabezado polo Partido Popular.