O sorteo da Lotaría Nacional deixa trescentos mil euros en Ribeira

    RIBEIRA> A administración Número de Ribeira entregou o primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional deste xoves. A totalidade da serie, premiada con trescentos mil euros, vendeuse no restaurante Praia do Vilar moi frecuentado por turistas. Outra vez agosto e outra vez acabado en cero. O 63420 é o cuarto gordo do sorteo da Lotaría Nacional que cae nesta administración en Ribeira, tres deles coa mesma terminación. Os agraciados que posúan un décimo, entre eles o propietario do establecemento, recibirán a nada desdeñable contía de trinta mil euros. Este premio vense sumar á longa lista que xa ten repartido esta administración da lotaría con varios primeiro e segundos da Nacional e unha primitiva de dous millóns e medio de euros. Esta boa fama trae aparellado un incremento das vendas. Xa esta mañá, moitos curiosos que se deixaron caer polo establecemento aproveitaron para levar un número a ver se a sorte segue de cara.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí