Pontevedra> O alcalde de Pontevedra falou esta mañá da súa etapa na mili, do paso polo concello de Mariano Rajoy, dos parques da cidade ou dos cines da capital provincial. Preguntas que lle formularon os nenos que están asistindo a Ludoverán en Lingua Inglesa que se imparte no centro Manuel Vidal, e que esta mañá, realizaron unha visita ao concello de Pontevedra. O alcalde de Pontevedra está acostumado a que lle realicen todo tipo de preguntas, as de hoxe foron realizadas polos nenos que neste mes están asistindo ao Ludoverán en lingua inglesa do CEIP Manuel Vidal Portela. A primeira estivo centrada no Presidente do Goberno Español. A segunda no seu apelido, que por qué lle chaman lores e se chama Miguel Anxo… Co fío do seu apelido tamén houbo tempo para algunha que outra anécdota. E o alcalde tamén quixo animar a un destes alumnos do Barça trala derrota da Supercopa de España contra o Madrid. Unha mañá diferente a que pasaron tanto os alumnos da Ludoteca como o alcalde da cidade, e como non antes de marchar agasallo por parte do concello para todos estes rapaces.
Inicio PONTEVEDRA