Alumnos do Carlos Oroza encargaranse do catering dos Premios Princesa de Asturias

PONTEVEDRA> Os alumnos da Escola de Hostalería Carlos Oroza de Pontevedra serán os encargados do catering dos Premios princesa de Asturias 2015. É a segunda vez que o centro asume a organización e servizo deste evento, algo que segundo apuntan dende a Consellería de Educación é un recoñecemento ao esforzo da escola, referente en toda España. Sobre as obras do Carlos Oroza, Román Rodríguez apuntou a que estarán rematadas a finais deste ano ou principio do vindeiro.

A organización dos Premios princesa de Asturias volve confiar na Escola de Hostalería Carlos Oroza de Pontevedra. Por segundo ano consecutivo, cincuenta alumnos e cinco profesores encargaranse do catering do evento, que se celebrará este venres en Oviedo.

Rodríguez tamén se referiu as obras que se están a realizar no centro. O conselleiro destacou a importancia dos traballos, que contan cun orzamento de máis de un millón de euros e que estarán rematadas, segundo o previsto, a finais deste ano ou principios do que ven.

O responsable de Educación restou importancia ás molestias causadas polas obras, e asegurou que o seu departamento pediu os equipos técnicos que as minimicen.

Román Rodríguez fixo estas declaracións durante a visita que hoxe realizou á biblioteca escolar do IES A Xunqueira II de Pontevedra. O obxectivo foi comprobar os resultados do plan Plambe e Lía, encargados de potenciar os fondos destes espazos e promocionar a lectura. O conselleiro amosouse satisfeito coas melloras acadadas, e destacou que entre 2008 e 2013 incrementouse a comprensión lectora, de aí que aposten por un novo plan Lía para modernizar os equipamentos e incluír máis centros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/20/conselleiro_cultura_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/20/conselleiro_cultura_ponte.mp4{/flowplayer}