O BNG solicita ó concello un calendario das actuacións previstas na EDAR

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha iniciativa no concello solicitando a documentación e o calendario das actuacións previstas na EDAR de Ribeira. Pretenden así verificar se a empresa está a cumprir cos compromisos adquiridos cos afectados, que levan un ano padecendo as nocivas consecuencias do mal funcionamento desta infraestrutura. Os problemas que está a ocasionar a EDAr dende a súa posta en funcionamento hai un ano non son alleos ó BNG. Núcelos como os Areeiros, especialmente afectado, O Touro ou Aguiño conviven a diario cos cheiros e gases que emiten os bombeos desta instalación. A pesar de que a empresa adxudicataria comprometeuse realizar melloras para minimizar os efectos nocivos os nacionalistas botan en falla a documentación técnica que detalle que actuacións e cando se van acometer. Ademais da iniciativa presentada no concello, os nacionalistas están a apoiar outras medidas emprendidas polo colectivo de afectados como a manifestación celebrada a pasada semana cando se cumpriu un ano da posta en funciomanento da EDAR.