Ribeira investiu preto de 70 mil euros na posta a punto dos centros educativos para este curso

RIBEIRA> Neste inicio de curso, o concello de Ribeira fixo balance das melloras acometidas nos colexios do municipio nas semanas previas á volta ás aulas. En total, investíronse preto de 70 mil euros en diversas actuacións de mantemento e reforma das instalacións.

O concello de Ribeira investiu preto de 70 mil euros na posta a punto dos centros educativos do municipio. A maior parte das actuacións foron executadas pola brigada de obras agás o peche do CEP de Palmeira ou a reforma dos Baños no CEIP Heroínas de Sálvora que precisaron da contratación dunha empresa externa pola súa complexidade.

A estas tarefas acometidas con recursos propios súmanse outras necesidades que xa foron  ou serán trasladadas á Consellería de Educación da que son competencia. Entre elas,  a renovación das tubaxes no colexio de Palmeira, a instalación dun ascensor no CEIP de Olveira ou a ampliación de ximnasios en Carreira ou a ampliación do CEIP O Grupo coa incorporación da antiga comisaría.

Con estas actuacións dende o concello agardan dar cobertura aás demanadas dos equipos directivos que traladron ademais a necesidade de reforzar o persoal de apoio ante o gran número de alumnos con necesidades educativas especiais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí