A travesía a nado entre Testal e O Freixo promoverá o deporte adaptado

    NOIA> Noia acollerá este sábado a decimo quinta edición da travesía a nado entre Testal e o Freixo. Uns setenta deportistas daranse cita nesta proba que busca promove o deporte adaptado e a integración dos deportistas con diversidade funcional. Coa deste sábado xa serán quince as travesías a nado entre os portos de Testal e o Freixo. Esta proba solidaria está organizada polo Club Adeco-dea en colaboración co concello de Noia e ten por obxectivo promover o deporte adaptado e integrar a discapacidade na práctica deportiva. A saída será este sábado día 19 ás catro e media da tarde dende o porto de Testal. Os interesados poden inscribirse previamente a través do enderezo adeco.dea@gmail.com ou no mesmo punto de saída media hora antes de que dea comezo a proba. Dende a organización agardan igualar ou mesmo superar o número de participantes da anterior edición. Entre sesenta e setenta nadadores unidos polo deporte e pola auga, un medio no que non existen as diferenzas, tan só as ganas de superar este reto.