O primeiro temporal do outono tamén arrasa os mercados

    BOIRO> As prazas de abastos notan a escaseza de peixe e marisco tralo temporal vivido nos últimos días, que impediu saír ó mar. As pescantinas quéixanse tamén da pouca centola que hai para estar en plena campaña, o que fai, inevitablemente, subir os prezos deste crustáceo. 

     

     O primeiro gran temporal do outono deixouse notar no mar, e por suposto, nas prazas de abastos. Na de Boiro, por exemplo, atopabamos esta mañá imaxes pouco habituais para esta época do ano. O caso da centola é aínda máis evidente. A campaña vén de comezar, e as poucas capturas que se están acadando, deixan a súa pegada nos petos dos consumidores finais. Aínda así, hai quen se atreve acoller a centola, e tamén o resto do marisco. Son os máis previsores, aqueles que prefiren non arriscarse a que chegue o Nadal, e encher o conxelador. Aviso para navegantes, aqueles que teñan pensado pasarse esta semana pola praza de abastos, éstes son os peixes que están baixando os prezos. Anotade. Así as cousas, e a pesar de estar vivindo un moi mal mes de novembro, a ilusión que trae consigo o Nadal tamén chega ás prazas, onde as expectativas de cara á campaña destas festas, coma sempre, son positivas