POBRA> Pobra quenta motores para as celebración das Festas do Carme dos Pincheiros. Unha das actividades máis destacadas serán os San Juerguines que terán lugar o sábado. Un grupo de mozos colleu as rendas da súa organización hai catro anos. Os mozos tomarán as rúas da Pobra este sábado. Pola mañá terá lugar o desfile dos San Juerguines que realizarán unha ruta polos bares do municipio. Xa pola tarde, a partir das catro e media terán lugar a olimpiada pincheira nas que as distintas peñas medirán forzas nas probas máis variadas. Os organizadores decidiron coller as rendas desta actividade hai un ano co obxectivo de relanzala e dedicar un día enteiro a estas actividades promovidas pola mocidade. De momento, o resultado non pode ser mellor xa que nos útlimos anos incrementouse o número de peñeiros que colaboran a través da adquisición de rifas e de camisetas. Como novidade, este ano as probas non se realizarán na praza segundo durán senón na rúa adxacente que se cortará ó tráfico así como o espazo entre as pistas de tenis e o club de remo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia