Fariña tende a man a IPdR para as vindeiras eleccións en Ribeira

    farina_100.jpgRIBADUMIA> Andrés Fariña presentouse a si mesmo como un ribeirés que por cuestións da vida traballa noutras cidades galegas pero sempre con…

    {flowplayer}images/salnes/pleno_aberto_polemica_ipdr.flv{/flowplayer}

    … Ribeira como punto de referencia. Arestora é edil en Santiago e foi proposto para optar á alcaldía na súa cidade natal; onde xa fora concelleiro desde o 1992 ó 1994. Nesta contenda electoral os socialistas aseguran que van a loitar pola alcaldía nun panorama no que as demais forzas políticas contan cunha importante fortaleza. Neste punto sería clave a adhesión do IPdR. Fariña argumentou que desde o punto de vista político debe ser a directiva do partido a que decida, porén no plano persoal pon todo da súa man para xuntar forzas entre estes dous partidos progresistas.

    De entre as súas propostas para a Ribeira do futuro que desexan os socialistas, Fariña aposta por deseñar un amplo plan estratéxico e de crecemento da cidade que determine as súas posibilidades futuras, ademais de atacar outras frontes puntuais.

    Para levar a cabo estes proxectos, o que fora Subdirector Xeral de Pesca durante o mandato na Xunta de Fernández Laxe, asegura que conta co apoio unánime do equipo socialista ribeirense logo dos múltiples desencontros internos dos últimos tempos.

    Redacción Salnés