O PSdeG esixirá á Xunta a apertura do vial de acceso ó Xufre

    vialxufre copia100.jpgA ILLA> A inauguración leva catro meses de retraso, a pesares de que, segundo os socialistas, está practicamente rematada.

    {flowplayer}images/salnes/APERTURA_TRAFICO_ESTRADA_XUFRE.flv{/flowplayer}

    Coñecer os motivos do retraso na apertura do vial de acceso ó porto do Xufre e esixir que sexa posto a disposición dos cidadáns de inmediato, son as dúas preguntas principais que os socialistas presentarán á Xunta no Parlamento. Segundo os socialistas, dende o goberno autonómico aseguraran que as obras estarían inauguradas a finais do 2010; un compromiso que finalmente non se cumpriu.

    E é que este novo vial proxectouse para facilitar o acceso ó porto do Xufre, motor económico da Illa, e reducir o tráfico que circula polo casco urbano ata en 7.800 vehículos. Para as obras, a Xunta destinou 3,7 millóns de euros; un orzamento que non está a dar servizo ó concello.

    Dende as filas socialistas, a razón que se sinala para explicar este retraso son as cuestións partidistas.

    A proximidade da Semana Santa e do verán fan que os socialistas vexan esta apertura como unha urxencia, debido á gran cantidade de turistas que aproveitan as vacacións para visitar a Illa.

    Redacción Salnés