CAMBADOS> 40 postos de artesanía e as demostracións de cetrería son os principais reclamos do primeiro Mercado Medieval de Cambados, que se inaugurou esta mañá na praza de Fefiñáns. A feira, que se poderá visitar durante toda a fin de semana, está enmarcada dentro da programación da Cidade Europea do Viño. A praza de Fefiñans retrocede ata a época medieval durante esta fin de semana. Exhibicións de aves rapaces e cetrería, malabares e zancudos, corenta postos de artesanía ou espectáculos de lume. O concello de Cambados, en colaboración coa empresa Rapiñas do Salnés Cetrería, organiza o primeiro Mercado Medieval da vila, que se celebrará ó longo de toda a fin de semana. Mouchos, aguias, falcóns ou curuxas…as aves de cetrería se converteron nunha das maiores atraccións do mercado. Os membros da corporación non quixeron perderse esta mañá a primeira xornada desta cita, enmarcada nas actividades da Cidade Europea do Viño. As exhibicións en voo das aves rapaces poderán verse ó mediodía e a última hora da tarde. Para os que decidan pasar esta fin de semana por este regreso á Idade Media cambadesa, os organizadores animan ós asistentes a ir vestidos de época.
Inicio Salnés - Caldas