O Trofeo Pitusa Sabín abre a regata a todo tipo de embarcacións

    PORTO DO SON> As augas de Portosín acollerán esta fin de semana unha das súas competicións máis senlleiras. A regata Mar de Fisterra chega á súa vixésimo novena edición. Este ano, ó igual ca os dous anteriores, c ontará co patrocinio dos socios Jacinto Hernández e Pitusa Sabín, a cal tamén lle dará nome a esta proba. Tras case tres décadas celebrándose, a regata Mar de Fisterra experimentou un enorme pulo dende hai tres anos, cando o matrimonio formado por Jacinto Hernández e Pitusa Sabín brindoulle o seu patrocinio. O seu labor de mecenzago e promoción da vela fíxolle merecedores de figurar no nome desta proba que dende entón é coñecida como Regata Mar de Fisterra Trofeo Pitusa Sabín. Máis aló da mera competición, esta parella de galegos emigrados, busca abrir a regata a todo tipo de barcos polo que, ademais da categoría profesional, deseñouse un percorrido adaptado para as embarcacións de paseo máis pequenas. O percorrido máis longo que chega case ata Fisterra. Trinta millas náuticas que percorrerán os barcos nas categorías regata e cruceiro regata salvando as numerosas dificultados desta ruta. A presenza constante de baixos verase compensada pola beleza da paisaxe. O domingo, tódolos barcos compartirán navegación polo interior da ría. Durante toda a fin de semana, os regatistas e socios do Club Náutico de Portosín desfrutarán tamén da intensa actividade social complementaria por xentileza dos patrocinadores. O sábado haberá unha sardiñada e posterior concerto mentres que o domingo celebrarase unha churrascada antes da entrega de trofeos. Tanto dende o club náutico como dende o concello quixeron agradecer a gran implicación destes mecenas nuns tempos nos que cada vez é máis difícil atopar patrocinadores para este deporte.