Luces, cámara… ACCIÓN!!!!

Pontevedra> Mañá rematará a rodaxe de La sombra de la lei en Pontevedra. A segunda longametraxe de Dani de La Torre converteu nun escenario de película o instituto Valle Inclán e a súa contorna. O director deste film e a produtora do mesmo amosáronse esta mañá encantados da súa rodaxe na capital de provincia, un lugar do que dixeron que foi moi tranquilo e cómodo par poder realizar esta rodaxe. A alcaldesa accidental e o vicepresidente da Deputación visitaron esta mañá a rodaxe da nova película do director galego La sombra de la Ley que estes días se está a gravar na cidade. O instituto Valle Inclán convértese para esta longametraxe de Dani de la torre nunha comisaria e avenida Montero Ríos nunha rúa dos anos 20. O director cualificou a Pontevedra como unha cidade cómoda e tranquila para traballar Esta sombra de la lei terá moitas localizacións, mañá rematan en Pontevedra pero o 80 poir cento dos lugares onde se roda a película son galegos. Unha película que rematará a súa rodaxe o 4 de setembro. Un traballo que conta coa participación de preto de 3000 persoas en total. Haberá que agardar ata o vindeiro 2018 para coñecer o resultado deste traballo , desta Sombra de la ley, segunda longametraxe de Dani de la Torre.