A “revolución educativa” de Frato aterra en Pontevedra

Pontevedra> Este venres, no Pazo da Cultura de Pontevedra, inaugurarase a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato”. Unhas mostra, de Francesco Tonucci, que poderán ver dende este venres e ata o 11 de xullo. Unha exposición que tenta facer unha reflexión sobre o mundo da Educación. Este venres, 28 de abril, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a inauguración da exposición Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato. Unha mostra de Francesco Tonucci que chega á Boa Vila grazas a Deputación. Dende o Pazo Provincial agarda que sexa unha exposición moi participativa entre os veciños da provincia. O creador desta mostra, Tonucci, di que o éxito de Frato chega pola súa inmersión dentro do mundo da Educación. Un mundo que conseguiu revolucionar ata o punto de ter defensores e detractores. Unha mostra que poderán ver no Pazo da Cultura dende este venres 28 de abril ata o 11 de xuño e que fai un percorrido pola historia de Frato, dende o seu nacemento no 68 ata a actualdiade. Tal e como dixo esta mañá o seu creador, alí poderán ver plasmado o que os nenos pensan sobre a sociedade que lles rodea. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/frato_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/25/frato.mp4{/flowplayer}