Pontevedra licita un dos últimos proxectos urbanos do mandato

PONTEVEDRA> A xunta de goberno local de Pontevedra aprobou hoxe a saída a licitación da reforma da zona situada fronte ó hospital provincial. Pretenden converter este espazo nunha gran praza pública para o goce dos veciños da zona. Os prazos para a tramitación administrativa e presentación de ofertas durarán un mínimo de tres meses, co que será o executivo que saia das próximas eleccións o responsable de xestionar a obra. A xunta de goberno de Pontevedra aprobou esta mañá a saída a licitación do proxecto de mellora de accesibilidade ó Hospital Provincial. Consistirá na construción dunha praza pública de plataforma única, duns 1.200 metros cadrados, con mobiliario urbano e arborado. Unha instalación necesaria, segundo o voceiro do goberno, debido á falta des espazos públicos na contorna. Aprobada a medida, o proxecto publicarase agora nos boletíns oficiais para que as empresas interesadas en acometer a obra presenten as súas ofertas. Segundo cálculos de Raimundo González, os trámites administrativos alongaranse un mínimo de tres meses, co que a supervisión das obras corresponderá ó executivo que saia das vindeiras eleccións de maio. A maiores a xunta de goberno dou luz verde a cinco actuacións de saneamento e pluviais por un importe total próximo ós 190.000 euros. Executaranse no entronque da Avenida de Bos Aires con Xosé Malvar, na rúa Rosalía de Castro á altura da Casa do Mar, a frontal ó hospital Provincial, na praza da Constitución e na confluencia de Xan Guillerme con Jofre Tenorio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/prazahospital.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/XUNTA_GOBERNO_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí