A “Laconada San Sebastián”, primeira festa do ano en Pontevedra

PONTEVEDRA> Establecementos hostaleiros do centro histórico de Pontevedra ofrecerá esta fin de semana unha laconada na honra de San Sebastián. A iniciativa, organizada pola asociación de comerciantes Zona Monumental, recupera a tradicional celebración do patrón da cidade co obxectivo de dinamizar o casco antigo.

A “Laconada San Sebastián” celébrase por segundo ano para dinamizar a zona monumental, recuperando a “primeira festa do ano”.

Na iniciativa, organizada polo CCU Zona monumental, participarán 19 establecementos, que ofrecerán lacón con grelos en diferentes versións. Será o 19 e 20 de xaneiro, coincidindo coa celebración do patrón da cidade.

A laconada estará animada nas rúas e prazas con actuacións de música tradicional.