Celaya “aposta” polo modelo de cidade de Pontevedra

Pontevedra> A misión comercial, encabezada polo Goberno pontevedrés, sigue o seu paso polo estado de México. A segunda parada foi en Celaya, alí o seu presidente dixo que aspira que a súa cidade aspira a ser como Pontevedra. Un punto, o desta viaxe onde tiveron numerosas reunións con empresarios da cidade co fin de intercambiar diálogo de cara a futuros negocios. O presidente municipal de Celaya encabezou unha nutrida representación institucional e empresarial desta importante cidade industriual mexicana á delegación pontevedresa que visita este país. Celaya está a medrar un 2,5 por cento anual e a súa industria está relacionada especialmente co sector automobilístico e alimentación. Ramón Lemos ten claro que quere cambiar o seu modelo de cidade. Tempo máis tarde desta recepción tivo lugar unha cea de traballo onde Lores puido amosar unha vez máis cal é o modelo de cidade polo que apostou en Pontevedra e cales foron en todo momento as súas prioridades. Trala cea de traballo tivo lugar un encontro informal entre empresarios de ambas cidades para intercambiar diálogo de cara a futuros negocios.