Comezan as obras das beirarrúas de Burgáns

    CAMBADOS> Hoxe comezaron os traballos de construción de beirarrúas no lugar de Burgáns, en Cambados. A obra busca mellorar a seguridade viaria neste entorno, no que se atopa o colexio Enrique Barreiro. O orzamento é de case 73.000 euros e estarán rematadas en tres meses. En tres meses, o lugar de Burgáns contará con novas beirarrúas. O concello de Cambados xa ten en marcha as obras de construción, que tamén mellorarán a capa de rodadura do vial. Segundo explicou Abal, a vía na que se actúa é especialmente transitada, ao conectar unha estrada autonómica cunha provincial. Tamén polas instalacións que se atopan no entorno. Para afondar nesta mellora da seguridade viaria, o concello engadirá unha modificación no proxecto inicial, coa instalación de dous redutores de velocidade no entorno. Os traballos están incluídos no Plan Concellos da Deputación, contan cun orzamento de case 73.000 euros, e teñen un prazo de execución de tres meses.