15 particpantes do obradoiro de emprego do Salnés amplían a súa formación co curso de manexo de carretillas elevadoras e frontais

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés forma a 15 participantes do seu plan integrado de emprego no manexo de carretillas elevadoras e frontais. O alumnado destinou 30 horas ao seu aprendizaxe, especialmente na formación práctica. O curso ten unha gran saída laboral ao realizarse ante a demanda das empresa.

A Mancomunidade do Salnés xa ten a vista posta nunha nova edición do seu obradoiro integrado de emprego. Será a undécima e dará comezo nas próximas datas. Aínda así, por motivos de calendario, a Mancomunidade xa adiantou algún dos cursos. O primeiro tivo lugar neste mes de decembro no que 15 participantes se formaron no manexo de carretillas elevadoras e frontais.

O curso tivo unha duración de 30 horas onde os participantes recibiron, especialmente, clases prácticas.

A súa aprendizaxe queda patente con detalles como levantar unha moeda coas pas.

O curso ten unha gran saída laboral grazas a que o demandan directamente as empresas.

Neste mes de decembro, os participantes poderán formarse noutros cursos como o manexo de pas ou de drones.