VILAGARCIA> As vendas nas rebaixas comezan a baixo ritmo no comercio de Vilagarcía. Os establecementos creen que ao saír dos gastos de nadal, a xente agarda un pouco para volver a realizar compras. Ante as rebaixas, os comerciantes destacan que no comercio local, os descontos son reais e atención é personalizada e con asesoramento.
A época de nadal rematou e os comercios somérxense de cheo nas rebaixas de inverno. As tendas e establecementos comezan a facer as súas rebaixas, aínda que segundo explican en Vilagarcía, polo de agora as vendas están indo lentas.
Nos comercios poden atoparse descontos dende o 10%. Dende o establecementos destacan que as súas rebaixas son reais e os seus produtos de calidade.
Os comercios chegan tras unha campaña de nadal que finalmente foi boa.
A pesar diso, a situación do comercio local continúa sendo delicada, especialmente coa subida dos prezos da luz, da gasolina e dos alugueres.
Os comercios agardan que co paso do tempo a xente se volva a animar e ter unha boa campaña de rebaixas. Os descontos continuarán ata final de febreiro.