Pontevedra> O PP de Pontevedra retoma o curso político con duras críticas ao Goberno Local. Jacobo Moreira cree que Lores debe centrarse nos grandes proxectos da cidade, e tamén, cumprir con todo o prometido no seu programa electoral. O PP de Pontevedra inicia o curso político con críticas ao Goberno Local. En primeiro termo polo grande aposta, que segundo Moreira, ten para este mandato o BNG, os composteiros, unha iniciativa que leva 6 meses de retraso e que non conta con ningunha xestión. Moreira tamén dixo que este Goberno ten paralizado e prorrogados os grandes contratos do concello como son o do lixo e o da auga, e que as obras que tiñan prometidas en zonas como A Seca, Médico Ballina ou a rúa 12 de novembro, aínda non comezaron. Moreira cree que se anuncia moito e se cumpre moi pouco. Moreira cree que se comeza un novo curso político cos mesmos problemas e con confrontación cos veciños da cidade. Moreira pídelle a Lores que no que lle resta de mandato, dous anos, de adique a Gobernar para os veciños da cidade e non para o BNG.
Inicio PONTEVEDRA