Javier Gómez Noya, protagonista da nova campaña do Concello de Pontevedra

PONTEVEDRA> O triatleta Javier Gómez Noya é un dos protagonistas dunha das últimas iniciativas do Concello de Pontevedra. Trátase da campaña Efecto PO2.

Neste vídeo pódese ver ao deportista galego levantándose da cama e vestíndose para adestrar. Coas deportivas postas, Javier Gómez Noya sae a correr directamente pola Praza de España.

Esta gravación pretende demostrar como as rúas e as prazas de Pontevedra son unha extensión da vivenda de todos os veciños.

Un vídeo que xa está colgado na canle de Youtube do Concello e que será difundido nas redes sociais.