O futuro campo de Campañó terá un orzamento de 1 millón de euros

PONTEVEDRA> O futuro campo de fútbol de Campañó está máis preto. Esta mañá, presentouse o proxecto desta nova instalación, que se sumará á rede do rural pontevedrés. O novo campo estará ubicado na mesma parcela que o campo actual, e contará cun investimento de case 1 millón de euros. Campañó está máis próximo a ter o seu novo campo de fútbol de herba sintética. A instalación ocupará a parcela do actual, e contará con materiais de alta calidade. A superficie de xogo será de 95×53 metros. Tamén estará equipado con cinco construcións que acollerán servizos complementarios como os vestiarios ou a cantina. A obra conta cun orzamento de case 1 millón de euros, e virá completar a transformación desa zona do monte de A Tomba. Alí tamén está proxectado un parque forestal. Os técnicos do concello traballan actualmente no prego de condicións do concurso de contración. Unha vez adxudicada a obra, o prazo de construción será de 8 meses.