PONTEVEDRA> O luns comezan as obras de acougado do tráfico no polígono de O Campiño. O concello actuará para crear itinerarios peonís en toda a zona e instalar lombos que poñan impedimentos á celebración de carreiras. O goberno local tamén anunciou que comezarán a elaborar un proxecto global de mellora da zona industrial. O concello de Pontevedra iniciará o vindeiro luns a actuación no polígono de O Campiño. Os traballos dirixiranse a crear itinerarios peonís e a acougar o tráfico, co obxectivo de frear a celebración de carreiras na zona. Para a comunidade de propietarios, estas medidas son ben recibidas. Tamén as últimas actuacións que xa realizou o goberno local na zona, como a limpeza de varias parcelas ou a mellora dos accesos. As actuacións irán máis aló. No encontro que mantiveron esta mañá representantes do concello e dos propietarios acordaron avanzar nun proxecto para mellorar toda a zona industrial. Actualmente, o polígono de O Campiño conta con 85 parcelas, e 61 empresas forman parte da comunidade de propietarios da zona industrial.
Inicio PONTEVEDRA












