A xornalista Natalia Puga, voz do 8M en Pontevedra: ‘Non volvamos á casa de saída. Mulleres adiante. E xuntas’

PONTEVEDRA> Mañá conmemórase o Día Internacional da Muller e hoxe o concello de Pontevedra celebrou a lectura do manifesto. Este ano estivo asinado pola xornalista de PontevedraViva Natalia Puga. Un texto que empregou para denunciar as desigualdades entre homes e mulleres e as violencias que sofren elas. Ademais de facer un chamado a continuar avanzando na conquista de dereitos e á unión.

Con esta confesión comeza Natalia Puga o seu manifesto polo Día Internacional da Muller. A xornalista de Pontevedra Viva foi a encargada de poñer voz a este 8 de marzo na cidade.

Que as mullers son tan só o 7% dos referentes dos que falan os libros de textos. Que a proporción de homes en postos directivos é 30 puntos maior que a das mulleres. Ou que en Galicia a fenda salarial segue a ser do 18,6%, son algúns dos datos sobre os que Puga pon o foco.

Un camiño no que, apunta a xornalista pontevedresa, segue a haber obstáculos. Por iso reclama o uso das lentes moradas para ver a realidade con perspectiva de xénero, destacando o papel do feminismo para dar voz ás mulleres.

O manifesto lanza tamén unha advertencia: non se pode dar por seguros os logros nin baixar a garda á hora de defender os dereitos da metade da poboación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí