A residencia de maiores de Pontevedra estará situada na rúa 12 de novembro

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra cederá á Xunta de Galicia unha parcela de 5.000 metros cadrados na rúa 12 de novembro. O fai co obxectivo de construír unha residencia da terceira idade. O proxecto terá un custe de 12 millóns de euros e estará financiado pola Fundación Amancio Ortega.

O alcalde de Pontevedra e a conselleira de Política Social presentaron hoxe o novo proxecto para a residencia da terceira idade. Un proxecto que cambia de localización. O Concello cedera hai un ano esta parcela da Parda á Xunta de Galicia. Así e todo, finalmente a residencia de maiores estará situada aquí. Nesta outra parcela de 5.000 metros cadrados da rúa 12 de novembro.

A residencia contará cun baixo e dous andares superiores. En total, 120 prazas e 115 novos postos de traballo. O presuposto deste proxecto ascende a 12 millóns de euros que serán financiados pola Fundación Amancio Ortega.

O proxecto terá un prazo de execución de entre 18 e 22 meses. Polo de agora, a Consellería está rematando a redacción do proxecto básico para poder proceder á solicitude da licenza municipal. Segundo anunciou hoxe Fabiola Castro, a residencia pública estará en marcha a mediados de lexislatura.