POIO> A Xunta de Galicia humanizará a estrada PO-308 á altura da Barca, no concello de Poio. Trátase dunha actuación moi agardada e demandada pola cidadanía. A intención da Xunta é, segundo asegurou o presidente Alfonso Rueda, comezar os traballos o vindeiro ano.
A Xunta de Galicia ten en previsión a humanización da PO-308 á altura da Barca, no concello de Poio. Trátase dunha actuación moi demandada pola cidadanía, que en continuas ocasións denunciou a perigosidade e a densidade de tráfico que soporta este vial.
Este proxecto podería incluírse nos orzamentos para o vindeiro ano. O que permitiría licitar a obra no primeiro trimestre e que comece a executarse ao longo do 2025.
Rueda fixo este anuncio durante a inauguración das obras de humanización no porto de Raxó. A intervención contou cun orzamento de algo máis dun millón de euros, dos que Xunta achegou o 70% e o concello o 30% restante.
Segundo o presidente autonómico, estas actuacións favorecen a chegada dun turismo de maior calidade.