BOIRO> O PP compareceu ante os medios para anunciar que presentará alegacións ós orzamentos municipais para este ano 2024, aprobados de xeito provisional a pasada semana en pleno.
Os populares fixeron alusión precisamente á intervención do edil de Facenda, no que recoñecía que a situación económica do Concello era preocupante, dándolle a razón ó que viña denunciando o PP dende hai tempo.
O populares botan en falla tamén maiores investimentos e un claro abandono do rural.
No documento orzamentario non aparecen obras tan importantes como a mellora de viais, os problemas de filtracións de auga nos pavillóns polideportivos, a mellora das pistas de skate de A Boqueira ou a ampliación da nave de piraguismo, entre outras.
Si aparecen, segundo eles, os salarios dos membros do equipo de goberno e o seu persoal de confianza que lle custarán máis dun millón de euros ás arcas municipais durante o presente mandato.