Amigos de Galicia aposta pola formación de desempregadas na Pobra

POBRA> A fundación Amigos de Galicia impartiu na Pobra un curso sobre loxística dirixido a milleres. Ademais de formación específica, as participantes recibiron itinerarios de inserción laboral personalizados co fin de mellorar as súas posibildiades de inserción laboral.

Incrementar a formación e promover a inserción laboral das mulleres. Estes son os obxectivos que persegue a fundación Amigos de Galicia a través do curso de ‘Almacén na cadea da loxísitca’ que vén de impartir no concello da Pobra. Non é a primeira acción formativa que a entidade promove no municipio onde xa se impartiu un curso orientado ó sector da conserva con grandes resultados.

As usuarias da entidade que participaron nos cursos recolleron esta mañá a certificación acreditativa da formación que lles abre un novo camiño na busca dun emprego.

Estas actividades enmárcanse no programa de formación ‘EM-FEMENINO’ subvencionado pola Deputación da Coruña.

Comments are closed.