Mar subvencionará a rehabilitación do Casino e o Museo do Mar de Noia

    NOIA> O proxecto de rehabilitación do antigo Casino de Noia conta cunha axuda de máis de douscentos mil euros dos GALP que xunto coa aportación municipal permitirá restaurar esta singular edificación para convertela nun centro de recepción de turistas. Contará con dúas salas de exposicións e unha sala de conferencias mentres que no primeiro andar emprazarase a aula CEMIT e as dependencias de información turística. O proxecto de rehabilitación non é sinxelo polas especiais características arquitectónicas do inmoble e a necesidade de adaptarse ás directrices do plan de protección do casco histórico. Aínda así, a intención do concello é que o novo servizo poida estar aberto ó público no ano 2018. Paralelamente, a Consellería financiará tamén no marco do GALP a construción do novo museo do mar cunha axuda de douscentos mil euros.