O Poio Pescamar levará por primeira vez o patrocinio de ENCE

Pontevedra> O equipo de fútbol sala feminino, Poio Pescamar, levará por primeira vez o patrocinio de ENCE, nesta tempada, grazas ao plan social desta fábrica. O presidente do equipo agradeceu enormemente esta colaboración, de 20 mil euros, que terá como fin profesionalizar ao 100 por 100 este equipo de primeira nacional. O equipo de fútbol sala feminino de Poio quixo agradecer en persoa a colaboración que dende ENCE se lles presta para este ano grazas ao plan social desta fábrica. Por esta razón esta mañá foron recibidas polo director territorial da pasteira, quen dixo que para esta empresa é moi importante colaborar de forma activa co deporte da provincia. Dende o equipo dixeron que levaban moitos anos buscando este patrocinio é que nesta tempada é posible grazas ao plan social, ao que dixeron, se acollerán todos os anos co fin de profesionalizar este equipo de primeira nacional. Para finalizar entrega dunha camiseta do equipo, onde se pode ver o patrocionio desta empresa, e foto de grupo, para selar o compromiso de estas dúas entidades.