PONTEVEDRA> A Intelixencia Artificial é unha ferramenta que cada vez está máis presente nas nosas vidas. E o sector enoturístico das Rías Baixas non quere quedar á marxe. Tanto é así que dende a Ruta do Viño organizaron un curso dirixido aos seus asociados, para achegarlles as posibilidades que ofrece a IA á súa actividade. A primeira xornada estivo centrada no marketing.
Como pode axudarnos a Intelixencia Artificial na creación de contidos no sector enoturístico. É á pregunta á que busca responder o novo curso impulsado dende a Ruta do Viño Rías Baixas para os seus asociados.
Porque a IA chegou para quedar. Pero é fundamental coñecer as posibilidades que ofrece para poder aplicalas do mellor xeito en cada caso. E, ao tempo, sacarlle o maior rendemento.
O curso arrancou hoxe, cunha formación centrada no marketing. Un dos eidos nos que a IA pode ser máis útil aos asociados da Ruta: dende recompilar datos dos seus clientes a axudar á hora de preparar publicacións nas redes sociais.
O perfil dos asistentes foi tan variado como o dos asociados á Ruta do Viño Rías Baixas. Entre eles hai adegas, restaurantes, hoteis e todo tipo de establecementos relacionados co enoturismo. A formación buscou ofrecer diferentes posibilidades para adaptar a IA ás súas necesidades.
O interese que espertou a proposta da Ruta é innegable. Tanto é así que o curso colgou o cartel de completo.











