Domínguez acusa ao BNG de ter un plan para que ‘haxa máis Raíñas Vitorias en Pontevedra’

PONTEVEDRA> No primeiro día de campaña, o Partido Popular de Pontevedra mantivo o seu mantra. Acusan ao BNG de ter un plan para o peche ao tráfico da ponte da Barca, que enfrontan ao seu compromiso coa reapertura aos coches da avenida Raíña Vitoria. Hoxe Rafa Domínguez asegurou que o obxectivo de Miguel Anxo Fernández Lores é pechar máis rúas e esixiu a retirada das dúas sinais da rúa Alameda que limitan o acceso a residentes e servizos.

O Partido Popular de Pontevedra asegura que o peche da avenida Raíña Vitoria é tan só un primeiro paso na axenda do BNG. A formación asegura que a intención dos nacionalistas de continuar Miguel Anxo Fernández Lores é repetir o corte de novas rúas ao tráfico. Tamén da ponte da Barca.

Domínguez centrou hoxe a súa atención nos sinais que se instalaron na rúa Alameda hai máis de oito anos, e que indican que se trata dunha vía reservada a residentes e servizos. O alcaldable popular esixiu a súa retirada.

Ademais, o candidato do PP apuntou que o vindeiro 28 de maio os pontevedreses terán que escoller entre dous modelos para a cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí