O cara máis solidaria de Poio poderase ver no FestiSenda

Pontevedra> O sábado 30 de setembro a Seca, no concello de Poio, acollerá o Festival solidario Festisenda. Unha cita que terá como fin recoller alimentos non perecederos para as familias que máis o necesitan do concello. Dende o Goberno Local agradeceron este tipo de iniciativas que darán axuda a 367 familias do municipio. O proxecto Senda neste 2017 tivo un final de curso moi especial coa organización do Festisenda, un festival solidario onde haberá humor, teatro, música. Unha cita que será de balde e terá lugar na Seca o sábado 30 de setembro dende as nove da noite ata as doce. O único que teñen que facer para asistir e colaborar dun xeito solidario levando alimentos non perecederos para axudar as familias que máis o necesitan no concello de Poio. Será unha cita que estará presentada por Enrique Magdalena e Pury González e onde nos poderemos atopar de todo un pouco. O alcalde de Poio agradeceu enormemente a organización deste tipo de iniciativa. Así que xa o saben o vindeiro sábado 30 de setembro de nove a doce da noite teñen unha cita na Seca, no concello de Poio, con este Festisenda, e o máis importante, non se esquezan de aportar o seu graniño de area levando os alimentos non perecederos.