O Plan Móvese potencia a instalación de lombos e a velocidade a 30 nas estradas da provincia

Pontevedra> A Deputación de Pontevedra acolleu ao longo deste xornada a presentación do Plan Móvese. Un acto ao no que participaron representantes da Dirección Xeral de Tráfico, de Stop Accidentes e da Policía Local da cidade do Lérez. O obxectivo desta iniciativa e conseguir reducir os sinistros na provincia de Pontevedra a través de preto de 500 lombos que se instalarán na rede de estradas provinciais. 

 

Seguranza viaria nas estradas. Métodos de reducción de velocidade. Baixo este título se englobaron as xornadas que esta mañá se desenvolveron no Pazo Provincial co fin de analizar a situación das estradas en Pontevedra e presentar o Plan Móvese. Un acto no que participaron con intervención representante da Dirección Xeral de Tráfico, de Stop Accidentes e da Policía Local en Pontevedra. Un acto no que como asistentes puidemos ver a máis dun cento de alcaldes da comarca, concelleiros, técnicos e policías locais ademais de entidades como colectivos ciclistas ou ANPAS, todos vencellados co mundo da mobilidade. Un acto que inaugurou a presidenta da Deputación. 

O deputado de Mobilidade,Uxío Benítez tivo a oportunidade de presentar o plan Móvese, un plan destinado a reducir a sinistralidade nas estradas da provincia.  

A prioridade deste plan, que conta cun investimento de 4 millóns de euros, será a instalación de preto de 500 lombos para a redución de velocidade, a instalación de pasos de peóns sobreelevados e zonas de 30 km/h nas estadas dos concellos da provincia. Unha iniciativa onde colaboraron activamente os alcaldes de cada zona para que fosen eles mesmos os encargados de situar estas medidas para a mellora da seguridade viaria. 

Un acto que se organizou esta semana con motivo do día Internacional das Vítimas da Violencia Viaria que se conmemorou o domingo 20 de novembro. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/movese_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/movese.mp4{/flowplayer}