A vangarda tecnolóxica darase cita na II Edición do Tek Fest

Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra acollerá a segunda edición do Tek Fest. Unha cita que este ano terá como obxectivo unir o pasado, o presente e o futuro a través das novas tecnoloxías. O Patrimonio será o eixo central no que se basearán este evento centrado na vangarda tecnolóxica. Pontevedra xa quenta motores para acoller a segunda edición do Tek Fest, unha cita que se desenvolverá na cidade do Lérez do 25 ao 30 de setembro e que nesta ocasión terá como tema principal o Patrimonio. O Museo de Pontevedra, a Casa das Campás, a Casa da Luz ou as Ruínas de San Domingos serán algúns dos espazos nos que se vai a desenvolver esta segunda edición do Tek Fest. Un evento que conta cuns obxectivos claros. O proxecto desta edición do Tek Fest está baseado en 4 liñas, a realidade virtual, o patrimonio presente e futuro da cidade, a artesanía dixital en imaxe e son, e a homenaxe aos tekis galegos centrado na figura de Portela Seijo. Así que xa o saben do 25 ao 30 deste mes Pontevedra converterase na vangarda da tecnoloxía.