A Ronda Leste dará un novo acceso a Montecelo dende maio

PONTEVEDRA> As obras da Rolda Leste de Pontevedra atópanse no final da súa primeira fase e está previsto que finalicen dentro do prazo oficial de execución, o que permitirá poñer en servizo a nova estrada de acceso a Montecelo en maio de 2019. Así o explicou hoxe o persoal técnico na visita á traza da nova vía do alcalde e o vicepresidente da deputación.

César Mosquera e Fernández Lores visitaron esta mañá a traza da nova vía que dará acceso a Montecelo.

A Rolda Leste, que terá unha lonxitude de 970 metros, iníciase na PO-542 á altura do Marco e finaliza nas proximidades do acceso actual ó complexo Príncipe Felipe e ó Hospital.

O vicepresidente da deputación celebrou que finalmente esta obra estea encamiñada.

Pola súa banda, o alcalde destacou que esta vía resolverá moitos problemas de mobilidade e lembrou que a obra forma parte da definición da rede viaria para Pontevedra e a comarca que se fixo no 2004.

A obra foi adxudicada por algo máis de millón e medio de euros, ó que habería que sumar o millón catrocentos mil euros das expropiacións de terreos necesarias para facer a traza. Está previsto que a estrada estea en servizo en maio do 2019.