Na primavera do 2018 comezarán os traballos da rolda leste e o novo acceso a Príncipe Felipe

Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación Provincial asinaron esta mañá dous convenios, un para o novo acceso a Príncipe Felipe e outro para a Ronda Leste. Trátase de dúas infraestruturas que terán un custe de 3,4 millóns de euros. O vicepresidente da Deputación anunciou hoxe que as obras estarán adxudicadas a final de ano e comezando os traballos na primavera do vindeiro 2018. O nova rotonda de acceso a Príncipe Felipe e a rolda leste na cidade, son dúas infraestruturas moi importantes para a capital de provincia. Esta mañá, concello e Deputación asinaron o convenio de colaboración para botar a andar estes traballos, que segundo Cesar Mosquera deberían estar adxudicados antes de finais de ano e comezar a traballar nos mesmos na primavera do 2018. Un total de 3,4 millóns de euros irán destinados a estres traballos que resolverán un problema de acceso na zona sur da cidade. Dende a Deputación tamén quixeron destacar a boa sintonía que hai co concello de Pontevedra. Carmela Silva recalcou que con estes convenios se respeta a autonomía e a seguridade vial da Boa Vila. Dos 3,4 millóns de inversión, dous son aportación da Deputación e 1,4 do concello de Pontevedra. Os traballos comezarán na primavera do 2018 e terán un prazo de execución de 8 e 12 meses.