PONTEVEDRA> Un estudo da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias sinalou que os inmobles cos alugueiros máis altos en Pontevedra sitúanse nas rúas de Benito Corbal, Echegaray, Gutiérrez Mellado e Rosalía de Castro. Nesta zona os inmobles máis baratos roldan os 500 euros e os máis caros poden chegar incluso aos 1.200.
Benito Corbal, Echegaray, Guitiérrez Mellado e Rosalía de Castro. Esas son as catro rúas cos inmobles en aluguer máis caros da Boa Vila. Malia que Pontevedra é unha cidade pequena, todos queren vivir no centro, e iso, coma sempre, sale caro.
Pontevedra é unha cidade perfecta para vivir e iso sábeno os arrendatarios, que soben os prezos pola pouca oferta que hai no mercado.
Nos últimos anos os prezos subiron a un ritmo frenético. Actualmente un inmoble no centro pode chegar incluso aos 1.200 euros.
Con estes prezos, as inmobiliarias aseguran que cada vez son máis os que buscan inmobles lonxe do centro e soamente piden…