Silva confirma que o Plan Estratéxico de Turismo estará aprobado en decembro deste ano

Pontevedra> A Presidenta da Deputación de Pontevedra presentou esta mañá as conclusións do Plan Estratéxico de Turismo da provincia para os anos 2017-2020. Un plan, que segundo confirmou Silva, estará aprobado en decembro, e que deberá ser presentado á Xunta e o Goberno español para traballar conxuntamente. A presidenta da Deputación presentou esta mañá no salón de pleno do Pazo Provincial as conclusións do Plan Estratéxico de Turismo para os anos 2017-2020. Unhas conclusións que serven de preludio para a segunda fase centrada no desenvolvemento da estratexia de turismo para os vindeiros 30 anos. Nesta primeira fase da súa elaboración, a institución provincinal contou coa participación dos concellos e da industria turística a través de mesas de traballo temáticas, entrevista e enquisas on line. De aquí sacaron numerosas conclusións, entre elas que é importante potenciar ademais da costa o interior da provincia de Pontevedra. De todos os traballos e enquisas realizadas dende o sector demandan unha maior profesionalización e formación na actualidade. Ademais tamén solicitan unha maior comunicación esixindo a chegada do AVE e máis comunicacións aeroportuarias. Un plan estratéxico de turismo que a presidenta anunciou que estará aprobado en decembro deste 2017.