Ravella conseguirá librarse do plan de axuste a comezos de 2018

    VILAGARCÍA> Vilagarcía poderá liberarse tres anos antes do previsto Plan de Axuste que fora aprobado polo anterior grupo de goberno. A medida permitirá que o concello evite unha suba anual do 2 por cento dos impostos ó cidadáns. O prazo do plan de axuste aprobado polo anterior grupo de goberno en Vilagarcía, liderado polo popular Tomás Fole, expira no ano 2020. Aínda así, desde Ravella aseguran que o concello poderá liberarse da débeda tres anos antes do previsto, neste mesmo ano. Pero en que consistía este plan de axuste? Pero o que lles interesa ós cidadáns é saber se esta liberación do plan terá unha consecuencia positiva para o peto dos vilagarciáns, e efectivamente é así. A débeda que mantiña o concello vilagarciá cos seus provedores en 2012 ascendía a 4,4 millóns de euros, a maioría pequenas e medianas empresas. E agora o goberno liderado polo socialista Alberto Varela, asegura que a correcta xestión das finanzas municipais permitiu que se xenerase un superavit que se destinará a amortizar o que queda pendente do crédito do 2012, que ascendía a 1,5 millóns de euros. Esta operación precisa do visto bo do pleno que se celebrará a próxima semana.