Rivera Mallo arremete contra o coche oficial

    Seguimos falando da polémica aberta con motivo do coche oficial para o Concello de Vilagarcía. O grupo municipal de IVIL volve a aconsellar ó goberno local que asuma unha política de control das compras. Ademais, Rivera Mallo, fai memoria e lembra a firme oposición do PSOE cando foi o goberno de centro-dereita o que plantexou esta adquisición.

    O portavoz de IVIL, José Luis Rivera Mallo, quere aportar unha dose de sensatez á polémica do coche oficial. Este grupo municipal considera que hai moitos aspectos máis importantes neste momento que discutir sobre este asunto e insiste unha vez máis nunha política de austeridade, de contención do gasto corrente, de control das compras e sen esquencer o costo das concellerías liberadas.

     

    O voceiro de IVIL sinalaba que é certo que algúns concelleiros comentaron a carencia dun coche municipal na asamblea do Eixo Atlántico e que canto o alcalde o plantexou na xunta de portavoces nada se opinou en contra. Tamén recoñece que existe unha partida presupostaria para este fin, tal como afirmou o alcalde. Sen embargo, Rivera Mallo pide que se faga memoria e lembra que o PSOE, desde a oposición, rechazou a adquisición dun coche oficial.